Redacción.-
Co motivo da celebración do 110º aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda, a Fundación Alexandre Bóveda e Filmika Galaika estrean o documentario biográfico sobre Alexandre Bóveda "A Fazaña da Liberdade". O filme será proxectado o vindeiro 4 de xuño, martes, no Teatro Principal de Pontevedra às 20:00. A entrada será de balde ate completar aforo. No acto, haberá unha actuación da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra.
"A Fazaña da Liberdade" conta coa participación de numerosos persoeiros que desenvolven coas suas testemuñas e coñecementos a historia vital do noso protagonista: Xosé Manuel Beiras, Isaac Díaz Pardo, Xavier Vence, Avelino Pousa Antelo, Xosé Lois Bóveda, Francisco Rodríguez, Amelia Bóveda, Francisco Carballo, Justo Beramendi, Fernando Quintela Novoa, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Valentín García Bóveda e Carlos Velasco.
Para mais información do proxecto: http://afazanhadaliberdade.wordpress.com/
0 comentários :
Danos a túa opinión