Redacción.-
O mundo do libro e a edición constitúen un máis dos sectores que está a cambiar nesta era dixital da man das novas tecnoloxías. O e-book, a autoedición dixital ou as licenzas creative commons xa forman parte da paisaxe editorial e avisan de por onde poden ir os camiños do futuro.
Paulo Naseiro, un dos editores deste xornal achéganos, despois da súa primeira novela, Magyar Posta (IESCHA, 2007), un novo relato longo, pero faino da man das novas tecnoloxías, lonxe dos formatos tradicionais.
Speechwriter cónta como a vida do seu protagonista, Iago
Loureiro, comezará un xiro inagardado aquel día no que Francisco
Barreiros, presidente da deputación provincial, acode ao seu pobo para
inaugurar a nova casa da cultura. Un discurso esquecido no pazo
provincial e estar no sitio oportuno no momento xusto marcarán o devir
da vida de Iago, estudante de hispánicas e aspirante a escritor.
O relato publicaráse, ao ritmo dunha entrega diaria, entre os días 6 e 17 de maio a través da páxina web Proxecto Speechwriter, baixo licenza CC-BY-NC-ND, que permite compartir, copiar, distribuir e comunicar públicamente a obra, citando a autoría e sen fins comerciais. Speechwriter conta tamén cunha páxina en Facebook para facilitar a comunicación cos lectores.
0 comentários :
Danos a túa opinión