Redacción.-
O vindeiro sábado 13 de xullo a partires da 10:00 h. levarase a cabo unha xornada de voluntariado no entorno das Insuas de San Roque, Cela e Trabanca (Reserva da Biosfera Terras do Miño).
Nesta ocasión a acción principal será a eliminación dunhas árbores exóticas no "prado da ponte", unha parcela con acordo de custodia preto da Casa das Insuas.
Esta xornada está financiada pola convocatoria "Playas, Voluntariado y Custodia del Territorio" da Fundación Biodiversidade.
A actividade é apta para calquera persoa adulta, polo que animámosvos a participar nesta xornada.
Para inscribirse enviar un correo electrónico ao enderezo custodiadoterritorio@gmail.com antes do venres 12 de xullo indicando o voso nome e o DNI.
0 comentários :
Danos a túa opinión