Redacción.- A Asociación PuntoGAL agradece á
Xunta de Galicia e á Feira das Industrias Culturais CulturGAL o premio e a
nominación recibidos. En concreto, a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria comunicoulle o luns o outorgamento do Premio da Cultura
Galega na categoría de lingua. Ademais, o venres CulturGAL informou da
nominación do puntoGAL ao Premio do Público.
PuntoGAL
felicita aos outros premiados e nominados. No caso dos Premios da Cultura
Galega son: Luz Pozo Garza, na categoría das Letras; a Fundación Granell, na
modalidade das Artes Plásticas; a Asociación Cultural Abrente-Mostra
Internacional de Teatro de Ribadavia, na de Artes Escénicas; o Castro de
Viladonga, en Patrimonio Cultural; o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, en
Proxección Exterior; Juan Durán, en Música; e Bambú Producciones no apartado de
Creación Audiovisual. O Festival de Cine de Cans e o Salón do Libro Infantil e
Xuvenil de Pontevedra son os outros dous nominados aos que o público pode votar
na web do culturGAL.
En opinión da Asociación, o recoñecemento público e o éxito popular destas iniciativas demostra que a sociedade galega respalda a normalización do idioma nos máis diversos sectores.
PuntoGAL está formada por máis de 120 colectivos de todos os sectores, incluídas as principais institucións culturais do país (Real Academia, Consello da Cultura, etc.), as tres universidades, máis de vinte asociacións de emigrantes baseadas en 10 estados (España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, A Arxentina, Estados Unidos, O Uruguai e Brasil), colexios profesionais, empresas de novas tecnoloxías, medios de comunicación, asociacións culturais de base, etc.

O .gal conta
co apoio máis de 12.800 internautas que asinaron en liña a prol dun
identificador para a lingua e cultura galegas. A Asociación non ten ánimo de
lucro, senón que reinvistirá todos os beneficios que xeren os dominios en
promover o galego nas novas tecnoloxías.
0 comentários :
Danos a túa opinión