Redacción.- Darío
Villanueva Prieto, secretario da Real Academia Española, falará sobre os 300
anos da institución en Vilalba, un aniversario que comezou a celebrarse o
pasado mes de setembro e que rematará no outono de 2014 cunha nova edición do Diccionario de la lengua española. A
conferencia terá lugar o vindeiro venres 20
de decembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura. O académico será
presentado por Mario Paz
González, co-editor do xornal A Voz de
Vilalba, e por Manuel Roca Cendán, membro da xunta directiva do Instituto
de Estudos Chairegos “Pena do Encanto”.
Nado en Vilalba no ano 1950, Darío Villanueva é na
actualidade un dous principais teóricos e críticos literarios do Estado
español. Fillo de asturiano e galega, a súa infancia
transcurriu entre Luarca e Vilalba. Os seus estudos de bacharelato
desenvolvéronse en Lugo, onde se trasladara a súa familia, que desde 1970 fixou
definitivamente a súa residencia en A Coruña.
Este ilustre vilalbés é profesor da Facultade de
Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, como Catedrático de Teoría da literatura e
Literatura comparada. E desde 2007, pertence á Real
Academia Española, ocupando o sillón da letra D; o seu discurso de ingreso,
lido o 8 de xuño de 2008, versaba sobre "O Quixote antes do cinema".
É membro da Asociación Internacional de
Hispanistas, da Sociedade Española de Literatura Xeral e Comparada -da que é
Presidente-, da Asociación Española de Teoría da literatura (ASETEL) -que
presidiu entre 1996 e 2001- da Sociedade Española de Semiótica e da Twentieth Century Spanish Association of
America. Foi Secretario e posteriormente Decano da Facultade de
Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela entre 1978 e 1990. En xuño
de 1994 produciuse a súa elección como Rector desta e en maio de 1998 a súa reelección
para un segundo e derradeiro mandato de catro anos.
0 comentários :
Danos a túa opinión