Redacción.- Galicia
soa, o cuarto e último traballo seleccionado polo programa iProx do Colexio
Profesional de Xornalistas de Galicia e de Novagalicia Banco, xa está disponible
na web www.galiciasoa.com.
Galicia
soa é un libro dixital sobre o
despoboamento do rural, que recolle as vivencias reais dos seus protagonistas e
a opinión dos expertos e estudosos sobre o tema, nun entorno multimedia que
mestura texto con imaxe e audio.
O libro dixital Galicia Soa está realizado por un equipo formado polos xornalistas José Antonio Pardiñas García, Benjamín A. López Rodríguez e Susana Pardiñas Iglesias, e recolle reportaxes de zonas rurais das catro provincias galegas, así como entrevistas a Xosé Luis Barreiro Rivas, Xaquín Fernández Leiceaga, Andrés Precedo Ledo e Xosé Gabriel Vázquez.
As bolsas iProx son resultado dun convenio de colaboración asinado a finais de 2012 entre Novagalicia Banco e o Colexio de Xornalistas para a creación, organización e posta en marcha desta bolsa para xornalistas licenciados e/ou colexiados, froito do interese de Novagalicia por promover e dar saída a proxectos de comunicación que por causa da situación actual non poden ver a luz. O CPXG, como entidade que representa aos xornalistas galegos, entre cuxas funcións está a de tratar de mellorar as condicións nas que os xornalistas levan a cabo os seus traballo, quixo ser o vehículo condutor da iniciativa, e agradece profundamente a Novagalicia Banco o seu interese por fomentar os proxectos innovadores dos profesionais da comunicación de Galicia.

0 comentários :
Danos a túa opinión