Redacción.- Esta tarde celebrouse en Compostela a asemblea xeral extraordinaria da Asociación de Periodistas de Galicia (APG),
na que Arturo Maneiro renovou como presidente para os vindeiros cinco anos. O
resto dos integrantes da nova xunta directiva son Pepe Castro (vicepresidente),
Javier García Sánchez (secretario), Luís Rivero de Aguilar (tesoureiro), Moncho
Paz (vocal para comunicación e relacións externas), María Méndez (vocal para
formación e desenvolvemento) e Virgilio Costas (vocal para novas tecnoloxías).
Tamén forman parte da directiva os delegados da APG nas principais cidades
galegas: Ana Fernández Roca (A Coruña), Alfonso Riveiro (Lugo), Juan José
Feijóo (Ourense), Martín Fernández Vizoso (Pontevedra) e Octavio Rodríguez
(Vigo).
Na primeira reunión da directiva elixida pola
asemblea establecéronse as directrices para fomentar a captación de novos
socios para a entidade. Neste aspecto, a nova xunta mostrou como unha das súas
preferencias as novas tecnoloxías “co fin de ter unha maior presenza e
visibilidad en todos os ámbitos, desde a páxina web ás redes sociais”. Ademais
da organización de eventos profesionais, presenza en foros e debates, a
directiva da APG lembrou que en 2015 cumpriranse vinte anos do seu premio de
xornalismo, bautizado como “Diego Bernal” tralo pasamento do recordado
xornalista compostelano. Finalmente, a directiva acordou nomear a Ángel Botana,
ex director da cadea SER, como presidente de honor da entidade.
_________________
Foto: Pepe Ferrín (AGN)
_________________
Foto: Pepe Ferrín (AGN)
0 comentários :
Danos a túa opinión