As fotografías máis antigas de Galicia

Redacción.-

Alvarellos Editora rescata un documento único. Dez imaxes de Santiago de Compostela datadas en 1858. Unha selección das fotografías máis antigas de Galicia. O seu autor foi o artista compostelán Andrés Cisneros, todo un precursor da fotografía española, hoxe inxustamente esquecido.    

Parte destas imaxes integrarían un álbum de agasallo á raíña Isabel II, que en setembro daquel ano visitou Galicia. En 1858, a fotografía levaba pouco máis dunha década inventada, polo que esta serie, agora convertida en postais por Alvarellos, sitúa a Santiago entre as cidades de Galicia e España pioneiras no cultivo dunha arte que revolucionaría a nosa forma de ver o mundo. 

30 de xul. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión