Antón de Guizán.-
Aquelas tabernas dos que aínda formamos parte desa xeneración que non naceu no hospital, 1ue nas aldeas chairegas (e en todo o país) cubrían as necesidades básicas na proximidade.
No adro da parroquia había varias, que ademáis de ser taberna, eran tendas de ultramarinos que despachaban non só alimentos sinón que surtían ás casas dos utensilios máis necesarios, mesmo de ferretería, mercería, telas e outros variados enseres.
No adro dos Vilares, nas Reixas chegaron a convivir abertas nive tabernas, pero por outros lugares das parroquias había tamén outras illadas, eu lembro a do Ramudo en Ferreira, Lanzós, que si estaba pechada só había que buscar aos donos nunha leira próxima ou na casa facendo traballos propios daqueles tempos.
Moita xente de Vilaba acorda O Tropezón en Distriz e así e moitos lugares da Chaira na que as tabernas ademáis de cumplir a función de proveer ás casas de productos variados, eran lugar de encontro, parolas e socialización e nalgún caso mesmo de baile...
Os cambios, a invasión de cadenas e grandes areas comerciais, as mudanzas de costumes, o despoboamento do rural, levaron á súa paulatina desaparición ao par tamén da pobreza do rural.
A consellaría de Industria do bipartito, tentou con unmprecioso plan, recuperar este tipo de establecementos no rural modernizados, adaptados aos tempos, pero a volta do PP ao goberno da Xunta, botou terra neste proxecto e ficou abandonado.
As tabernas do rural non eran só negocios, sinón establecementos froito da realidade e que forman xa parte do noso pateimonio histórico, da nosa memoria.
Esas tabernas eran unha extensión das casas, vecindade, servizo, lugar de encontro e solución a necesidades básicas en tempos de illamento, faltos de recursos. O que facía falta e non había, traíase.
Cecais un estudo de recuoeración destes establecementos na Chaira, con historias e anecdotas que teñen, fotos etc... sería unha valiosa aportación á memoria da Terra Chá, algún día...
0 comentários :
Danos a túa opinión