Antón de Guizán.-
Veño observando desde hai varios anos que existen nos medios dixitais auténticos especialistas da sección de comentarios que en función dos seus intereses e opinións adícan o tempo a comentar artigos de opinión, maioritariamente de tipo político.
A súa argumentación cando están en desacordo co artigo de turno ou o seu autor, é a descalificación, a acusación sin fundamentar e o que é peor, estes opinadores actúan con pseudónimo, ocultando a súa identidade mentras "disparan".
Estes "valentes" acusan, recusan, mesmo minten, descalifican en aras dunha suposta pureza ideolóxica.
Son os que exercen unha política de ocultos intereses sectareos maioritariamente marxinais e nula valía democrática.
Aqueles que opinen con artigos en medios dixitais están expostos a estes francotiradores de computadora que actúan con impunidade e covardía. Eu só esixiría si de min dependera, que no exercicio libre a disentir e opinar, cando menos, tiveran a obriga de identificarse públicamente. Saberíamos así moitas cousas, a quen corresponden as palabras, intencionalidade e sobre todo, facerlle un favor a moitabxente que semella estar ociosa para que invistan mellor o seu tempo libre.
Ademáis, recomendo a quen escribe opinión, sexa.A.que.sexa, que siga facendo, con argumentos e respeto. As guerras tamén poden ter máis limpeza.
0 comentários :
Danos a túa opinión