Redacción.- Hoxe pola mañá finou en Compostela o escritor Xosé Chao Rego (Vilalba, 1932). Estudou filosofía en Salamanca e Madrid e teoloxía en Roma. Consagrouse sacerdote en 1956 na basílica de
San Pedro de Roma. Foi profesor do seminario de Mondoñedo e párroco de Santa Mariña do Vilar en Ferrol (1959-1976), tras secularizarse foi profesor de
instituto en Vilalba e a partir de 1982 en Santiago de Compostela. Foi un dos propulsores
das revistas Irimia e Encrucillada e do movemento de renovación cristiá e galeguismo que
se artellou en torno a elas. É irmán do escritor residente en Francia Ramón Chao.
Desde 2002 é
socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Deixou unha abondosa obra, fundamentalmente no eido do ensaio.
0 comentários :
Danos a túa opinión