Redacción.- O escritor Xosé Neira Vilas finou onte
na súa vivenda de Gres, Vila de Cruces. O autor de "Memorias
dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda
en activo,
acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo
proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido
Tomás",
prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas
estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a
fundación que leva o seu nome.
Neira
Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde
coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda.
O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto
durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron
a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na
localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis
dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.
Doctor Honoris Causa pola Universidade da
Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica
Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do
primeiro "best seller" gallego obtivo ao longo da súa traxectoria
multitude de recoñecementos.
A
homenaxe póstuma é no Panteón de Galegos Ilustres, onde o mundo da cultura e a
política vela os seus restos mortais dende as seis da tarde de hoxe. O enterro
terá lugar mañá ás 17:30 horas na súa parroquia de Gres (Vila de Cruces), onde
o Concello declarou dous días de loito oficial.
0 comentários :
Danos a túa opinión