Redacción.- O martes 29 de decembro tivo lugar a inauguración da sala de lectura "María Prieto Carreira", na Casa da Cultura de Vilalba. Leva o nome da nai de Darío Villanueva Prieto (Vilalba, 1950), actual director da Real Academia Española e ex-rector da Universidade de Santiago de Compostela, quen formalizou a doazón de 2.500 exemplares de libros e revistas literarias da súa biblioteca persoal. No mesmo acto tivo lugar a presentación da páxina web do Certame Literario de Vilalba, que o ano pasado acadou a súa XL edición. O acto estivo moi concurrido e contou coa asistencia de preto de cen persoas, entre os que se atopaba o cardeal Rouco Varela; o ex-alcalde e ex.presidente do Parlamento de Galicia, Xosé María García Leira; e o tamén ex-alcalde e actual parlamentario, Agustín Baamonde Díaz.
0 comentários :
Danos a túa opinión