Redacción.-
Helena Villar será a autora que recibirá este ano a homenaxe Escritora na súa Terra Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega. A asemblea que celebrou esta fin de semana o colectivo acordou os nomes dos galardoados cos recoñecementos anuais da organización. Deste xeito, Dolores Macías Pose e Mini e Mero foron escolleitos para os Premios Mestres/as da Memoria 2016, un galardóns que recollerán nunha nova actividade: A I Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria celebrarase en Lugo o vindeiro 19 de marzo. Pola súa banda, Pere Gimferrer foi seleccionado para o premio Escritor/a Galego/a Universal. O autor catalán recollerá este recoñecemento na I Gala do Libro Galego que se desenvolverá o 14 de maio en Compostela e no marco da cal daranse a coñecer os premiados nos novos galardóns unificados de editores, escritores e libreiros. A homenaxe a Helena Villar desenvolverase o vindeiro mes de xuño en Rianxo.
Outros acordos da asemblea foron continuar a campaña de dinamización #mobilizarosalía de cara á celebarción do día dedicado á poeta, así como incorporar á directiva da organización tres novos vocais. Ledicia Costas por Vigo, Ramiro Torres como responsábel de comunicación, e mais Afonso Becerra como vogal de literatura dramática son os novos membros
0 comentários :
Danos a túa opinión