Redacción.- O .gal acadou superou hai
uns días os 3.000 dominios, que identifican a Galicia pola súa lingua e a súa
cultura. “Un logro de toda a sociedade galega”, en verbas de Edita de Lorenzo,
Directora Xeral da asociación Puntogal. Empresas, institucións, colectivos sociais,
organizacións poíticas e sindicais, entidades de lecer... son múltiples os que
optaron por se rexistrar co dominio galego en internet. Punto Gal presentou hoxe en Compostela, no Museo do Pobo Galego, unha campaña para
celebrar o 'Día do Libro' da man da Federación de Librarías de Galicia.
O vindeiro sábado 23 de
abril, pola compra dun libro a persoa recibirá unha fita marcadora cun código
de desconto polo que o prezo final do rexistro dun .GAL será de 15 euros. Coa
colaboración de 'Galicia Calidade', as librarías galegas teñen
38.000 marcadores para repartir a partir do vindeiro 23 de abril. A promoción
esténdese ata o 31 de xullo e hai que se dirixir a unha das tres empresas
rexistradoras que participan: Dinahosting, Entorno Digital e
Blacknight.
Puntogal é unha entidade
sen ánimo de lucro que ten o compromiso de reinvestir os beneficios que consiga
unha vez consolidado o dominio en programas de promoción da lingua e a rede en
Galicia.
0 comentários :
Danos a túa opinión