Redacción.- O presidente de
Castilla-La Mancha, Emiliano García-Page, nomeou ao vilalbés Ángel Felpeto Enríquez como
novo conselleiro de Educación, Cultura e Deportes en substitución de Reyes
Estévez, ata agora no cargo.
Segundo informa o Goberno manchego, García-Page
asinou hoxe o decreto de cese nas súas funcións da conselleira de Educación,
Cultura e Deportes, Reyes Estévez, e, ao mesmo tempo, o de nomeamento do novo
titular deste área, que tomará posesión mañá venres, a partir das 11 horas, no
Pazo de Fuensalida de Toledo, sede da Presidencia do Goberno de Castilla-La
Mancha.
Felpeto, nado en Vilalba en 1947, ademais de ser
profesor durante toda a súa vida (agora xubilado), é un histórico na xestión da
educación na Comunidade manchega. Así mesmo, é irmán de Chema Felpeto, directivo do Instituto de Estudos Chairegos e colaborador habitual de A Voz de Vilalba.
Foi delegado de Educación en tempos dos
gobernos de José Bono e de José María Barreda na provincia de Toledo e logo
Emiliano García-Page, sendo alcalde da capital rexional, incluino no seu
executivo local outorgándolle nin máis nin menos que a vicealcaldía da cidade.
Felpeto tamén foi concelleiro responsable nas
áreas de educación e cultura e formou parte das quinielas para ser o candidato
á alcaldía de Toledo polo PSOE nas pasadas eleccións de maio de 2015, algo que el
mesmo rexeitou malia os desexos de moitos militantes socialistas e do propio
secretario xeral do PSOE na rexión e hoxe presidente de Castilla-La Mancha.
0 comentários :
Danos a túa opinión