Redacción.- Compareceron hoxe en rolda de prensa,
diante da Deputación de Lugo: Antonio Veiga, vicepresidente da entidade;
Xosé Ferreiro, voceiro do BNG; Bieito Lobeira, responsábel da área do
organización do BNG e Noa Presas, responsábel da área de política institucional
da forza nacionalista, para dar conta da decisión adoptada onte pola executiva
nacional do BNG e para informar da entrega dun escrito na secretaría da
Deputación de Lugo na que os deputados do BNG renunciaban a todos os cargos e
reponsabilidades de goberno nesta Deputación e nos órganos correspondentes.
Antonio Veiga
sinalou que os orzamentos aprobados onte son “as prevendas do PP apoiados polo
PSOE e polo tránsfuga Manuel Martínez” e engadiu que “a provincia estivo
paralizada polos intereses dun partido político e dun tránsfuga”. O BNG está
nas institucións para favorecer o interese xeral “dende o gobernó ou dende a
oposición”. Veiga indicou que “o BNG non estivo na fotos das Azores que se
produciu onte na Deputación e non imos ser participes da política de chantaxes
que algún pretenden imponer”.
Xosé Ferreiro
afirmou “a satisfacción polo traballo feito na Deputación durante estes anos” e
aclarou que “o BNG está nas institucións para tentar transformar a sociedade e
non para ocupar sillas nin pisar moquetas”. Ferreiro indicou que “os papeis
quedaron nas mesas e os ordenadores acesos porque o BNG non ten nada que
ocultar sobre a súa acción de goberno” e recalcou que “nós non formateamos nin
pisoteamos os discos duros como fixo o PP despois do seu paso polo goberno
provincial”. Ademais Ferreiro destacou a coherencia do BNG na Deputación de
Lugo e dixo que “defenderemos o mesmo na oposición que defendemos no goberno”.
Bieito Lobeira,
responsábel da área do organización do BNG, manifestou o “respaldo político da
dirección á decisión do grupo provincial na Deputación de Lugo” e puxoos como
“exemplo de coherencia e dignidade” ademais de indicar que “o BNG non participa
en repartos de cartos e sillóns”. Lembrou que “o pacto asinado polo BNG e o
PSOE ficou en papel mollado e por iso o BNG tomou esta decisión”.
________________________
Antonio Veiga, á dereita, o día da toma de posesión (Arquivo AVV)
________________________
Antonio Veiga, á dereita, o día da toma de posesión (Arquivo AVV)
0 comentários :
Danos a túa opinión