Moncho Paz.- Feijoo logra a súa terceira maioría absoluta, mentres En Marea acada a
segunda forza e liderará a oposición ata 2020. Cos resultados electorais desta noite e
case o 100 % escrutado, Feijoo superaría os seus resultados do 2012 en
número de votos e pontos porcentuais, mantendo o mesmo número de deputados, o
cal permite afirmar que o PP non sofre o desgaste da súa acción de Goberno na
Xunta de Galicia. En clave estatal, Feijóo ve reforzada aínda máis a súa posición no PP ao
converterse no único presidente autonómico que gobernará con maioría absoluta.
Por outra banda, confirmouse o sorpasso de En Marea que se converteu na segunda forza política no Parlamento do Hórreo ao superar ao PSdeG en número de votos, aínda que estean empatados con 14 escanos. A candidatura de Luís Villares lograría ademais unha maior porcentaxe de votos, un 19,03 % fronte ao 17,89 % dos socialistas.
En resume, o PP logrou 41 escanos, En Marea 14, o PSOE 14, e o BNG 6. A continuación incluimos unha análise por partidos políticos e unhas breves conclusións.
PP
Por outra banda, confirmouse o sorpasso de En Marea que se converteu na segunda forza política no Parlamento do Hórreo ao superar ao PSdeG en número de votos, aínda que estean empatados con 14 escanos. A candidatura de Luís Villares lograría ademais unha maior porcentaxe de votos, un 19,03 % fronte ao 17,89 % dos socialistas.
En resume, o PP logrou 41 escanos, En Marea 14, o PSOE 14, e o BNG 6. A continuación incluimos unha análise por partidos políticos e unhas breves conclusións.
PP
Triunfo de Feijóo, que esqueceu as siglas do PP.
Traballaron desde o principio o concepto MARCA PERSOAL. Non se veu afectado
polo tema da corrupción e a mala valoración de Mariano, que recibe un balón de
osíxeno. Mensaxe clara e repetitiva: estabilidade fronte a provisionalidade.
PSdeG
Leiceaga é un candidato pouco coñecido socialmente, sentenciado polo
proceso de primarias e sobre todo polo “efecto Caballero”. Elección do candidato tardía, cun
proceso de primarias fratricida.
En Marea
Luis Villares partía dun escenario difícil como candidato improvisado, de
última hora e tamén descoñecido para o conxunto do electorado. Superou todas
esas trabas e chegou a moita xente, ten mérito que conseguira tanto en tan
pouco tempo.En Marea perde 25.000 votos nas tres ciudades onde goberna.
BNG
Boa campaña, especialmente na segunda semana. Ana Pontón xerou expectativas e conseguiu
obxectivos. Mensaxes dirixidas “á súa parroquia”. Rendabilizou o debate.
Conclusións:
O PP é primeira forza nas ciudades, sendo a lista máis
votada en 304 concellos de Galicia, o PSdeG con 9, En Marea arrebata un a CxG e
o BNG xa non ten hexemonía nin en Allariz.
Confusión xeralizada e cansanzo por parte da opinión
pública.
Hai que discernir entre participación política e movilización
social. A sociedade galega presenta un perfil de escasa politicación, que se
traduce NUN ALTO ÍNDICE DE MOBILIZACIÓN E NUN BAIXO ÍNDICE DE PARTICIPACIÓN (entendida desde o compromiso político).
A oposición reflicte a carencia dun proceso organizativo que sexa suficiente
para influir –de forma directa ou indirecta- nos ostentadores do poder, ou para
orientar o progreso material e cultural da propia sociedade.
0 comentários :
Danos a túa opinión