Redacción. -
Sábado de cinema na Casa-Museo Manuel María coa proxección do filme DHOGS, que contará coa presenza do seu director, Andrés Goteira, e outros membros do seu equipo, como Adrián Folgueira e Ismael García, os cales manterán unha conversa co público asistente ao finalizar a película.
DOGHS, obra cinematográfica máis premiada do cinema galego último, é unha fita de historias encadeadas que xiran por volta dos límites da realidade e da ficción, rodada entre Almería e Galiza, conta entre o seu reparto con Antonio Durán “Morris”, Melania Cruz, Carlos Blanco, Iván Marcos, Miguel de Lira, María Costas…
A proxección está programada para as 20 hrs de mañá, sábado, e para asistir cómpre reservar o billete (2 euros) encontacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel.698177621
0 comentários :
Danos a túa opinión