Día dos Medios en Galego

Redacción. -

Dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) vende celebrando desde o ano pasado o Día dos Medios en Galego con todos os que utilizan a nosa lingua como vehículo principal de comunicación.

O día elexido foi o 7 de febreiro, co gallo da saída da primeira publicación realizada integramente en galego, O Tío Marcos da Portela, hai xa 122 anos. Un Día ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego. Un Día que serve de fío condutor para realizar as precisas campañas de sensibilización e concienciación sobre a necesidade de manter medios que manteñen viva e útil o noso idioma. 

O pasado sábado 2, celebrouse en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego, coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento, apoiado por diferentes administracións, que serviu de punto de apoio para o resto de actividades da asociación que fai súa a campaña #maisquepalabras.

A celebración deste Día vén lembrar que a unión de máis 80 medios é un potencial que se pode obviar ante o esquecemento das administracións. Máis 80 medios (moitos atopados por certo coa axuda da brava xente de agora.gal) en todos os formatos (radio, prensa impresa, prensa dixital, revistas, TV) e de todos os eidos (actualidade, cultura, deportes...)

MEDIOS EN GALEGO ACTIVO (Xaneiro 2019)
40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.

7 de feb. de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión