Carlos Henrique Fernández Coto hoxe en Vilalba

Redacción. -

Hoxe xoves, 16 de maio de 2019, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a conferencia sobre URBANISMO E PATRIMONIO a cargo do
arquitecto CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, que será presentado por CARLOS XOSÉ CURRÁS PICO.

CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO (A Estrada, 1960), Arquitecto. Dende 2009 dirixe a oficina de rehabilitación de Rianxo. Con estudo na Coruña, deseñou entre outros, o primeiro almacén robotizado de Europa ou o pavillón para declarar a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. É autor da urbanización de As Burgas en Ourense, a pasarela á Cidade da Cultura ou a rexeneración do centro histórico de Padova. É presidente do Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego.


16 de maio de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión