II BioBlitz Ancares-Courel

Redacción.-

Os días 15 e 16 de xuño do 2019 celebrarase o II BioBlitz Ancares-Courel. Un Bioblitz é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados ou calquera amante da natureza en xeral, asesorados por expertos de campo. Trátase dun excelente xeito de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía no coñecemento e respecto da natureza a través dunha actividade amena, divertida e á vez de grande importancia. O Bioblitz Courel desenvolverá durante 24 horas un inventario biolóxico intensivo co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos dalgúns dos hábitats emblemáticos deste territorio excepcional.

As inscricións poden facerse a través do correo proxecto.micoloxia@usc.es ou no teléfono 982-82.31.37 (en horario de 8:30 a 14:30), ata o 12 de xuño. Inscrición gratuíta. Indicar nome, apelidos e DNI. Organizacións e asociacións poden realizar inscricións conxuntas. Actividade con prazas limitadas. En todo caso, calquera persoa pode participar como público na Estación durante o BioBlitz.

Aloxamento: Moitos dos establecementos de hostalaría da zona realizarán un desconto do 20% aos participantes no BioBlitz (consultar a listaxe dos establecementos concertados no programa do BioBlitz que se acompaña neste correo
Un Bioblitz é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados, asesorados por expertos de campo. Un Bioblitz é unha excelente maneira de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía para conectarse coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través dunha actividade amena e divertida.

Bioblitz 2019
O II Bioblitz Courel complementará a primeira edición de 2018, levando a cabo durante 24 horas un inventario biolóxico intensivo co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos dalgúns dos hábitats emblemáticos deste territorio excepcional.

Obxectivos do BIOBLITZ COUREL

• Contacto entre habitantes, público en xeral e as organizacións que estudan a natureza e entidades educativas, favorecendo o diálogo e intercambio entre afeccionados e expertos e a participación efectiva da cidadanía en temas científicos,
• Favorecer o coñecemento dos valores ambientais do territorio, a súa conservación e a atracción dun turismo sustentable.
• Documentar e ampliar os inventarios e o coñecemento da biodiversidade do Courel, durante unha celebración de carácter didáctico e festivo.
• Desenvolver actividades públicas respectuosas dentro deste espazo natural.
Centro de recepción e xestión do BIOBLITZ
Instalacións da Estación Científica do Courel (ECC), con disposición de salas con lupas e microscopios, salas de ordenadores e salón para exposición e charlas abertas ao público.
Datas, horario e lugar
Do 15 de xuño as 12:30 horas ata o día 16 ás 14:00 horas, coa Estación Científica do Courel (ECC) como centro de recepción, traballo e xestión. A prospección e estudo de campo realizarase en itinerarios próximos do territorio previamente definidos.
Inscricións
A través do correo electrónico: proxecto.micoloxia@usc.es, ou no teléfono 982823137 (en horario de 8:30 a 14:30) Indicar nome, apelidos, DNI, teléfono e e-mail de contacto. As prazas serán limitadas por motivos de operatividade e sustentabilidade dos espazos estudados. En todo caso calquera persoa pode participar como público na ECC durante o BIOBLITZ
Período de inscrición: ata o 12 de xuño.
Programa
Sábado, 15 de xuño:
- 12:30 h. Inauguración e presentación do Bioblitz na ECC.
- 13:00 h. Recepción aos asistentes. Normas e instrucións para o desenvolvemento do Bioblitz,
manexo de aplicacións para documentar observacións, descrición das zonas de estudo e
organización dos grupos de voluntarios e expertos, con distribución nas zonas de prospección.
- 14:00 h. Comida libre
- 15:30 h. Inicio da actividade de campo.
- 19:00 h. Regreso de todos os grupos á ECC. Traballo en común de revisión, identificación e
recompilación das observacións.
Durante a xornada a ECC estará aberta con presenza de organizadores para facilitar o acceso a salas de traballo para consultas e manexo de datos. Atenderanse consultas do público e realizarán actividades didácticas no salón de ECC (observación en lupas, explicacións e exposicións didácticas de achados e observacións, etc.). Tras a cea, manterase tamén dispoñible o acceso á ECC para os grupos de estudo de organismos nocturnos.
Domingo, 16 de xuño:
- 10:00 h. Recepción na ECC e inicio da actividade de campo e/ou de traballo nas salas.
- 13:00 h. Regreso dos grupos, revisión e recompilación de datos e observacións.
- 14:00 . Conclusión e clausura oficial do Bioblitz.
Durante a xornada de mañá a ECC estará aberta con presenza de organizadores para facilitar o acceso a salas de traballo e de ordenadores para consultas e manexo de datos e para atender ao público interesado.
Loxística e organización
Para a preparación do Bioblitz e a súa xestión constituirase un grupo de persoas responsables da organización, con persoal técnico do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE-USC) vinculado ao proxecto “Actuacións e desenvolvemento de actividades Micoturísticas no xeodestino Ancares-Courel”, coa colaboración da área de Turismo e Cultura e a de Medio Ambiente da Excma. Deputación de Lugo. Tamén colaboran activamente o Concello de Folgoso do Courel, a Asociación para Desenvolvemento Rural Serra do Courel, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, a Sociedade Micolóxica Lucus, o Grupo Naturalista Hábitat e outras asociacións culturais e naturalistas.

Zonas de estudo
Estableceranse tres itinerarios de fácil acceso para as observacións en zonas representativas do territorio. Para grupos de estudo moi especializados poderán propoñerse algunhas zonas específicas, sempre respectando as características e posibles restricións de protección asociadas aos devanditos espazos.
Os tres itinerarios principais de estudo serán:
1. Itinerario inicio do roteiro a Devesa da Rogueira por Moreda: zona de souto de castiñeiros,
bosque mixto de frondosas e de ribeira (aprox. 3,5 km totais lineal de ida-volta con pequenas
derivacións)
2. Itinerario por parte do roteiro do río Pequeno (Mercurín – taras de Mercurín): zona calcaria
con presenza de soutos de castiñeiro e posterior bosque mixto e de aciñeiras ( aprox. 2,5 km
lineal unidireccional descendente)
3. Itinerario Alto do Couto-inicio Devesa da Rogueira: itinerario con zonas de matogueira e
piñeiros no seu inicio e bosque mixto atlántico no último tramo, (aprox. 3 km. totais lineal ida- volta, por mesmo itinerario).
Cada itinerario dividirase en varios sectores para facilitar a referencia das observacións. Entregarase un mapa esquemático a todos os asistentes.
Métodos e rexistro de observacións
O elemento documental das observacións serán as fotografías ou os arquivos sonoros de ser o caso (ex.: cantos de aves). A recolección de exemplares de plantas, fungos ou animais non está permitida. Só nalgúns casos moi concretos de interese didáctico ou de estudo, poderá recollerse algunha mostra puntual de folla, froito, parte dun cogomelo, etc., sempre baixo a supervisión dos responsables designados para cada grupo de campo.
Cada grupo poderá utilizar os métodos habituais de observación da súa disciplina, pero tendo en conta as restricións que se establecen nestes espazos protexidos situados en Rede Natura e recolleitos no seu Plan Director, que se lembrarán nas normas do Bioblitz.
Para o rexistro das observacións abrirase un proxecto específico no portal iNaturalist.org no que se poderán ingresar o datos e fotografías dun modo sinxelo a través da súa aplicación móbil de descarga gratuíta en calquera teléfono, ou a través dos computadores particulares ou dos dispoñibles na sala de traballo da ECC que estarán dispoñibles durante a realización do BIOBLITZ. O ingreso de observacións explicarase no inicio do BIOBLITZ e poderá realizarse polos propios participantes ou coa axuda dos organizadores. En todo caso dispoñerase tamén de fichas manuais e os organizadores supervisarán o proceso e a posterior recompilación de todos os datos.
Recompilación e difusión dos resultados
As observacións realizadas durante o BIOBLITZ poderanse consultar a través da páxina web de “iNaturalist.org” para o proxecto específico que se abrirá para o evento. Así mesmo, os organizadores coa colaboración de expertos de cada disciplina, revisarán todas as observacións para xerar un documento de resultados que estará a disposición das distintas Institucións e asociacións colaboradoras, para o seu coñecemento e a difusión nas distintas páxinas web e redes sociais.
Aloxamento e comidas
A Comarca do Courel goza dunha ampla e magnífica oferta hostaleira no seu territorio para os que desexen degustar os seus produtos e para pernoitar durante o BIOBLITZ. Información de onde durmir e comer en: http://www.folgosodocourel.es/p/datos-de-interes/

Coa colaboración da Asociación para o Desenvolvemento Rural Serra do Courel, os inscritos que desexen aloxarse, poderán gozar dun 20% de desconto nos seus establecementos asociados.
A lista e datos dos establecementos que ofrecen este desconto do 20% é a seguinte: - Casa As Triegas, Paderne. Tlfno.: 982185110 www.astriegas.com
- Casa Rodrigo, Paderne. Tlfno: 982185110
- Casa Caselo, Paderne: Tlfno.: 982165768
- Casa Chaos, Paderne. Tlfno.; 982090701
- Casa Valín, Seoane. Tlfno.: 982155388 www.casaruralvalin.com
- Campamento O Caurel, Esperante. Tlfno.: 982433101 www.acampamentocaurel.com - Casa Teixeira, Seceda. Tlfno.: 661254622 www.casateixeira.es
www.astriegas.com www.casacaselo.com
www.casachaos.com
- Apartamentos Turísticos A Carbiña, Parada. Tlfno.: 696184056
ORGANIZACIÓN:
USC. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Estación Científica do Courel
Deputación de Lugo. Área de Turismo e Cultura
www.turismoruralcourel.com

10 de xuño de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión