Selfie Lix


Redacción.-

Xa está o resultado do concurso “SELFIE LIX” convocado pola OEPLI a través das súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Consejo General del Libro, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para conmemorar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Os nenos e as nenas participaron a través do seu centro docente ou biblioteca da súa poboación. Tiñan que facer unha selfie na que se recreara un personaxe ou unha escena dun libro de literatura infantil e xuvenil.

Os gañadores en Galicia do concurso “SELFIE LIX” son: Oriol de la Fuente Rial de Santiago, Mara López Rivera de Sober e Joel Covelo Gallego de Vigo.

O acto de entrega de premios do concurso “SELFIE LIX” de Galicia terá lugar o día 12 de xuño, ás 18,00h, na Biblioteca do Centro Sociocultural de Conxo de Santiago.

Hai 52 anos, en 1967, celebrábase por primeira vez, o 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, promovido polas 62 secciones que a IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) tiña nese momento, difundindo unha mensaxe, dirixida a todos as/os nenas e nenos do mundo, escrito pola súa fundadora Jella Lepman.

En 1982 nace a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e en 1989 creábase GÁLIX. Desde a constitución de GALIX e da OEPLI, e as súas homólogas Consejo General del Libro que engloba as comunidades en lingua castelán, ClijCat, en Cataluña, e Galtzagorri, no País Vasco, empezase a distribuír a versión do cartel e da mensaxe do Dia Internacional do Libro Infatil (DILI) nas catro linguas do Estado e a organizar actividades de diversa natureza.

Para máis información: 698 169 548 / 609 491 154

9 de xuño de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión