Yolanda Purriños, mellor fotógrafa de 2019



Redacción.- A fotógrafa Yolanda Purriños foi distinguida outro ano máis co galardón ao Mellor Fotógrafo do Ano, dentro do Concurso Nacional promovido pola Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe (FEPFI). “Parabéns a todos os compañeiros, en especial á miña irmá Inma polas súas dúas nominacións, é todo un orgullo para min recoller a súa distinción”, afirmou emocionada a profesional vilalbesa.
“Foi unha noite importante, pois recollín a miña distinción fotográfica outorgada por unha colección de seis obras. Esta estatuilla é a mellor recompensa ao esforzo, traballo e constancia que se necesita para conseguilo. Sen o apoio da miña familia e sen aprender de todos os meus compañeiros non sería posible. Infindas grazas tamén á miña clientela que sen eles o noso traballo non sería posible”, puntualizou Yolanda.

5 de nov. de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión