Círco Galaico, de Títeres Alakrán e co titiriteiro Borja Insua, é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo amenizado cunha marabillosa música. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mistura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade (Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista; a cabra Ribelina; e o pallaso Rolín). O espectáculo está dirixido para público familiar e crianzas e o billete custa 2 euros por persoa. Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.
Ás 20 hrs, e con entrada libre, o grupo de música tradicional de Rábade, Treboada, levará a cabo un concerto-foliada, convidando a todas as persoas que se acheguen a bailar, cantar e tocar xunto aos seus membros.
0 comentários :
Danos a túa opinión