Redacción. -
Chega febreiro e chega o antroido e no Cine Clube LAR DE UNTA programan unha proxección o día 20 adicada a esta tradicional festa.
A película -O MOREDO a resistencia do antroido ribeirao- de David Vázquez será o filme que se proxectará no LAR DE UNTA ás 20:30 do 3° xoves de febreiro día 20. Coa película estará o seu director, que participará dun coloquio co público no que tamén participará Emi Cagiao, a autora do libro Historia e recuperación do antroido de Samede, un lugar do veciño concello de Paderne e tamén o presidente da Asociación Entroido do Moredo.
O filme O MOREDO conta, como en Samede, a recuperación dun antroido tradicional galego na zona de Chantada. Foi seleccionada en numerosos certames de cine documental e está considerada unha referencia dentro do cinema documental e etnográfico.
A proxección de febreiro no Lar de Unta é unha oportunidade de aprender de nós mesmos e do noso património cultural ademáis de homenaxear ao noso antroido e ao traballo de recuperación que están a facer moitas entidades do noso rural.
-O MOREDO a resistencia do antroido ribeirao.
-Xoves 20 de febreiro ás 20:30
-Lar de Unta, rúa Pescadería 3 Betanzos.
-Entrada é de valde até comlmetar o aforo.
-Todos os públicos.
TRAILER: https://youtu.be/pJmyrwP6T_Q
0 comentários :
Danos a túa opinión