A Casa-Museo Manuel María proxecta hoxe sábado, 15 de febreiro, ás 19 hrs, dentro das actividades programadas en volta do Día de Rosalía, o filme Contou Rosalía. Dirixido por Zaza Ceballos, producido por Zenit Televisión e coa participación da TVG, foi estrado o 18 de maio de 2018, e conta cun elenco de actrices e actores como Melania Cruz, Fran Lareu, Ledica Sola, Tamara Canosa, Celso Parada, César Cambeiro, Pepo Suevos, Alex Jato, David Perdomo e Josito Porto.
A película baséase na vida de Rosalía en Madrid, a mediados do século XIX, onde fai vida social, escribe e reencóntrase co historiador Manuel Murguía.
Despois da proxección as persoas asistentes manterán un diálogo con Raúl Veiga, guionista da película e catedrático de lingua e literatura galegas no ensino secundario.
A entrada para ver a proxección é libre até completar o aforo.
0 comentários :
Danos a túa opinión