Celebración de Galiza Mártir

 


Redacción.-

Este domingo, véspera do Día da Galiza Mártir, Xermolos celebra a Galiza Mártir coma en anos anteriores en Santa Mariña, onde se ergue o monumento aos Irmáns da Lexía, e na que hai unha fosa onde foron soterradas varias persoas asasinadas despois do golpe de estado do 36. 

Farase unhas ofrendas de frores na fosa e no monumento e varias intervencións. Xunto con Xermolos organizan o acto peñas do Riazor Blues, a Peña Bebel e outros colectivos, xa que un dos detidos en Santa Maríña era xogador do Deporivo, Bebel. O acto será ás 12,30 e vai haber unha audición musical do cantautor arxentino Gustavos Fuentes que dedicou un traballo aos Irmáns da Lexia e a proxección dun video sobre o mesmo tema do Centro Social Gomes Gaioso de A Coruña.

12 de ago. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión