Redacción.- Mañá sábado, na
Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei da Terra Chá, ás 19 horas, a
contadora de historias, Soledad Felloza, estrea un espectáculo de narración
oral baseado en textos narrativos de Manuel María, un dos escritores máis prolíficos da literatura
galega, que desenvolveu un amplo quefacer no xénero da narrativa. Desta produción,
variada en fórmulas e temáticas, constrúe Soledad Felloza o seu
espectáculo.
Soledad Felloza, actriz, dramaturga, fotógrafa e narradora, é a
directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en
Galicia. Ademais, imparte formación en narración oral e desenvolve unha
salientábel labor de animación á lectura en distintas bibliotecas do país. En
2015, a súa publicación “A cociñeira do Rei”, foi premio europeo de narración
oral ao mellor conto para nenas e nenos.
A entrada para
esta actividade
é libre, mais é imprescindíbel facer reserva
previa a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698 177621.
0 comentários :
Danos a túa opinión