A capa foi realizada polo artista ourensá Xosé Poldras e a entrevista foi realizada conxuntamente a Manuel Gago e a Miguel Cajigal (ElBarroquista).
Ademais, conta cos seguintes artigos:
- A Cátedra de Cultura Galega 'Xosé Neira Vilas', da Universidade da Habana. Trinta anos tecendo redes entre as dúas beiras do Atlántico, por Arantxa Fernández Crespo.
- Sofía Casanova. Correspondente galega en cinco guerras do século XX, por Eila Rodríguez Filgueiras.
- Radicalismo ou extremismo? Ás cousas polo seu nome, por Marcos Dono Martín.
- Cartas, ondas e pedras. A Igrexa Católica na República Dominicana durante a ditadura e a transición democrática (1954-63), por Adrián Feijoo Sánchez.
- A performance falanxista. O culto a Santiago e a crónica de Urbano Tavares Rodrigues, por Emilio P. Cancelo.
- As olladas do rexionalismo crítico. Identidades arquitectónicas nas periferias peninsulares (1960-90), por Santiago Rodríguez Caramés.
- GaliPIXEL. Notas sobre a industria e a cultura dos videoxogos en Galicia, por José García Vega.
Pechando a revista, Francisco Álvarez 'Koki' enviou o Poema da desolación en homenaxe á obra pictórica Muller coa Fouce, de Castelao.
0 comentários :
Danos a túa opinión