25 anos con Lois Pereiro

Redacción. -

campaña ’25 anos con Lois Pereiro’ que lanzou o Ateneo Casino de Monforte o 16, día do nacemento do poeta, está tendo boa acollida. Desde a organización convidan á veciñanza a aportar contidos para esta conmemoración dos 25 anos do seu pasamento.

A campaña, promovida polo Ateneo Casino, conta cunha serie de vídeos nos que participan máis de 30 persoas destacadas da cultura galega, vídeos que están a ter unha boa difusión con miles de reproducións. 

Agora o Ateneo Casino busca seguir enchendo as redes da poesía de Lois Pereiro chamando á participación de quen se queira sumar. Animan á xente a facer os seus propios contidos tributo ao poeta monfortino e subilos ás redes baixo o cancelo #LP25anos. Tamén poden mandalos para que o Ateneo se encargue de subilos ás súas redes. Pódense enviar a ola@ateneocasino.gal ou por WhatsApp ao teléfono 648435033.

A conmemoración de 25 anos con Lois Pereiro será un acto expansivo con epicentro no Ateneo Casino que se estenderá ao longo do ano e incluirá accións presenciais en toda Galicia en canto a situación sanitaria o permita.

20 de feb. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión