Fálanos de Rosalía

Redacción. -

A Asociación Cultural "Vagalumes" conmemora o día de Rosalía cunha celebración virtual nas redes.
Debido ás restricións sanitarias por mor da pandemia que estamos a sufrir, a conmemoración do Día de Rosalía trasladámola ás redes sociais, mantendo o mesmo fin de lembrar a nosa poeta e todos os valores de rebeldía, amor á Terra, compromiso coas emancipacións e celebración da vida que ela representa. E moitas cousas máis das que nos gustaría que nos falases ti para encher un minuto co tema que desexes sobre esta escritora que tanto nos di cos seus versos.
Pedímosche que graves unha intervención de menos de 60 segundos e que nola envíes ao correo da nosa páxina web: redaccion@tabeirosmontes.com, ou que nola fagas chegar por calquera outro medio até o venres 19 de febreiro co fin de publicar nas redes sociais e na web www.tabeirosmontes.com o día 24 todas as achegas. Estas actividades rematarán coa lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega ás 20:00 h. a través das nosas canles virtuais.
Suxerímosche unha listaxe de temas aos que ti podes engadir o que desexes:

1. Rosalía voz dos padeceres do pobo galego.
2. Rosalía feminista
3. Rosalía rebelde
4. Rosalía na literatura actual
5. A nena Rosalía
6. Campás de Bastavales
7. Rosalía, escritora fundacional da nosa literatura
8. Rosalía, a xustiza e a dignidade
9. Rosalía e a defensa da natureza
10. As primeiras obras
11. Rosalía, actriz
12. Amor a Galicia
13. A emigración
14. Rosalía en Compostela
15. Rosalía en Madrid
16. Rosalía e Murguía
15. O amor en Rosalía
17. Rosalía e o mar
18. Rosalía escritora popular
19. Morte de Rosalía
20. Traslado a Bonaval.
21. Rosalía incomprendida

12 de feb. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión