Lareira de soños


Redacción.- 

O próximo sábado comenzan as presentacións en directo dentro do programa #DoTrinque de novidades literarias organizado pola Nova Poesia Guitirica NPG e a asociación Os Vilares lareira de soños. 

As presentacións ON LINE terán lugar tódolos sábados de febreiro e marzo ás 20:00 horas polo facebook da Nova Poesia Guitirica NPG coa presenza en directo d@s autores/as. O programa comenza este sábado coa presentación de Lareira de soños de Pastora Veres coa presenza da autora acompañada de Antón Tenreiro, preside te dunha das entidades organizadoras. 

O programa será este: 

FEBREIRO: -Día 6, Lareira de soños de Pas Veres (Edicións Fervenza). Antropoloxía. -Día 13, Poema da Rúa das Aves, de Miguel Barrera (Edicións Alvarellos). Poesía. -Día 20, Pangalaica, de Xurxo Souto (Editorial Galaxia). Narrativa. -Día 27, A guerra era contra nós, de Carlos da Aira ( Edicións Xerais). Poesía. 

MARZO: -Día 6, Os rostros do frío, de Xulio Pardo de Neyra (Edicións Fervenza). Fotografía/história. -Día 13, Abril, de Luz Darriba (Editorial Belagua). Novela. -Día 20, Bambán de vento, de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro (Fundación Eomaia). Poesía e ilustracións. -Día 27, Non estamos preparados para medrar de Teresa Ríos (Edicións Urutau). Poesía. Presentacións diversas con autores/as e obras de calidade nas que se poderá participar en directo con comentarios aos que respostarán en directo @s escritores/s. 

Despois do directo as presentacións quedarán colgadas nas redes e tamén en YouTube para as persoas que non podan seguir as presentación en directo. Tendo en conta a situación de restriccións provocadas polo COVID, as redes poden ser unha ferramenta para seguir co ectad@s á cultura. Na NPG xa se fixo no pri.eiro confinamento no pasado ano 2020 unha experiencia de grande éxito con máis de 35.000 visualizacións, o festival de poesía en rede #enredeversos

5 de feb. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión