Redacción. -
O próximo sábado 27 de febreiro seguimos coas presentacións EN LIÑA no facebook da Nova Poesia Guitirica NPG. Será Carlos da Aira co poemario 'A guerra era contra nós' gañador do VIII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. Carlos da Aira, creador e principal valedor do Festival de poesía POEMAGOSTO de Allariz e gañador do festival galego-portugués aRii[t]mar 2020. Carlos ten editados tamén os poemarios "Prender os fachos, compoñer os ósos" e "Pólvora" que o convirten nun dos poetas galegoa de maior recoñecemento na actualidade, polo que será un auténtico convidado de luxo! Como cada sábado ás 20:00. As tres presentació s anteriores suman máis de 5.000 visualizacións, o que convirte a este programa #DoTrinque nun éxito.
O programa #DoTrinque continuará no mes de marzo (os sábados ás 20:00) coas seguintes presentacións AO VIVO:
-Día 6 OS ROSTROS DO FRÍO de Xulio Pardo de Neyra (Edicións Fervenza).
-Día 13 ABRIL de Luz Darriba (Belagua Edicións).
-Día 20 BAMBÁN DE VENTO de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro (Fundación Eomaia).
-Día 27 NON ESTAMOS PREPARADOS PARA MEDRAR de Teresa Ríos (Edicións Ur
0 comentários :
Danos a túa opinión