María Solinha foi unha das máis famosas bruxas, entre comiñas, de Galicia, onde mesmo hai rúas co seu nome. Ignacio Vilar, autor das cintas 'A Esmorga e de 'Pradolongo', é un prolífico cineasta que sentiu atrapado pola historia dunha muller enorme que debía chegar xa ao común dos mortais e saír da lista das descoñecidas entre a sociedade.
A película, producida por Vía Láctea Films e TVG, narra as peripecias de María, unha viúva con posibles acusada de bruxería pola Inquisición, feito que lle custou a vida. O relato móvese entre principios do século XVII, cando iso ocorreu, e o XXI, porque entronca coa muller actual.
O elenco de protagonistas está formado por Laura Míguez, Graal Montes, Santi Prego, Antonio Durán "Morris", Mabel Rivera e Mela Casal.
A ficción arrinca cun afamado director de teatro que chega a Cangas do Morrazo para reconstruír a lenda de María Solinha, que en realidade era María Soliño; aínda que Soliña (así ou ben con nh) é como o reflectiu a literatura.
0 comentários :
Danos a túa opinión