Paco Nogueiras na Casa do Manuel

Redacción. -

Paco Nogueiras presenta, este sábado, día 27 de marzo, na Casa-Museo Manuel María, o seu último traballo EXTRA!, a través dun espectáculo homónimo dirixido a nenas e nenos entre 6 e 11 anos en que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Paco Nogueiras, despois de “Brinca vai!” e “Radio Bulebule”, ideou un xornal musical nun libro-CD, editado por Kalandraka e ilustrado por Marc Taeger, que deu a lume a finais de 2020. Este contén doce composicións que tratan distintas noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e até unha axenda de actividades. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailábeis que convidarán a participación daqueles e daquelas que se acheguen este sábado por Outeiro de Rei.

A Casa-Museo Manuel María programou unha dobre sesión, ás 17 e ás 18.30, dado que os billetes para as 17 hrs esgotáronse o mesmo día que se anunciou o evento. O prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.


26 de mar. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión