Redacción. -
Este domingo 28 de marzo volve aos teatros Desconcerto na Sala Teatro del Andamio da Coruña, un espectáculo para achegarnos á música culta a través de humor posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi. A reactivación desta montaxe foi posible grazas á subvención ao impulso do sector escénico galego da AGADIC.
Os nosos protagonistas, reputados músicos, chegan tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar e o público preparado para gozar, vense na obriga de improvisar para saír da situación. A partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.

0 comentários :
Danos a túa opinión