Redacción.-
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia a cargo de MARCOS SAAVEDRA, responsábel da Biblioteca Municipal de Vilalba, e que leva por título: "Ricardo Carvalho Calero e o galego que poderia ter sido, e há de ser!" Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.
Marcos Saavedra Blanco (Ribadeu, 1982) é actualmente o responsábel da biblioteca municipal de Vilalba. Formado en Información e Documentación pola UDC está especializado en Documentación Audiovisual pola Universitat Oberta de Catalunya.
Traballou nas bibliotecas de Ferrol, A Coruña e Ribadeo onde sempre colaborou con o tecido asociativo local, colaborando no que podía e publicando pequenos traballos:
-Limiar de “Do vello Ribadeo” de Eduardo Gutiérrez Fernández editado pola agrupación Francisco Lanza.
-Semblanza de Antón Fraguas no Fest-AGAL de 2020.
-Preparación da obra de Carvalho para a web Carvalho2020 da Agal.
-Forma parte do Coletivo Avanti que ven de publicar “Uma Lembrança de Antonio Leonardo Sanchez Deus” na revista de historia Murguia...
-Artigo na revista do IESCHA sobre Carvalho.
É socio da AGAL da que foi secretario desde 2019 até que nesta última asemblea tivo que dar o relevo por feliz motivo.

0 comentários :
Danos a túa opinión