O desmantelamento do rural

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a mesa redonda “O DESMANTELAMENTO DO RURAL” coa que quere unirse á reivindicación da veciñanza de Baamonde de que continúe o alumnado as clases no Colexio desa localidade, fronte ao intento de pechalo por parte doConcello de Begonte e máis da Xunta de Galicia.
O acto terá lugar o xoves 29 de abril de 2021, ás 20 horas, na Casa da Cultura.
Intervirán as seguintes persoas:
-Paula Iglesia Ares, secretaria da ANPA do Colexio de Baamonde e portavoz deste colectivo.
-Isabel Calvete Carrera, presidenta da Federación de ANPAS de centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) e vicepresidenta da Confe￾deración Galega de ANPAS.
-Xosé Luís González Farelo, presidente da Asociación de Veciños/as de Baamonde.
A entrada será libre ata completar aforo, cumpríndose estrictamente a normativa anti-covid, demostrando unha vez máis que “A cultura é segura”.

26 de abr. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión