Proxección da película 'Ons'

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos, en 
colaboración coa Academia Galega do 
Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, dá comezo este ciclo de cine coa proxección da película ONS, do director ALFONSO ZARAUZA, flamante gañadora do Mestre Mateo’2021, e que se levará a cabo no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 1 de maio, ás 19:30 horas.
 
SINOPSE 
Mariña é unha illa emocional, un ser illado na procura dun faro que a guíe no escuro. 
Cando non atopa esa luz séntese perdida, 
chea de baleiro e de medo á soidade. É na 
relación con Vicente onde Mariña se aferra 
como única táboa de salvación. Pero de 
achegarse excesivamente a el podería acabar por encallar e afundir. É o paradoxo do faro. 

26 de abr. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión