Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continua coa programación do ciclo de cine galego proxectando nesta ocasión outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2021, ARIMA, da directora JAIONE CAMBORDA, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 22 de maio, ás 19:30 horas.
ARIMA
Dirección: Jaione Camborda
Sinopse:
ARIMA é aquilo que ves a través da néboa, aquilo que intúes, pero que non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo.
A vida de catro mulleres e unha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, escondéndose polo pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida as mulleres. Todo iso moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.
EQUIPO TÉCNICO
Título orixinal Arima
Directora Jaione Camborda
Produtores Alfonso Zarauza, Jaione Camborda, Carlos Carbonell
Guión Jaione Camborda
Intérpretes Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Tito Asorey, Iria Parada, Mabel Rivera
Fotografía Alberte Branco Díaz
Montaxe Marcos Flores
Estrea 2019
Duración 76 minutos
Xénero Drama
0 comentários :
Danos a túa opinión