O pasado domingo 2 de maio celebrouse en Vilalba, nos xardíns do Colexio Insua Bermúdez, a agardada homenaxe a José Antonio Varela Veiga, quen fora o primeiro director do mesmo.
No acto inaugurouse un monolito á súa memoria realizado en pedra de granito polo artista chairego Marcos Ladra. Tamén escoitáronse sentidas verbas de membros da comisión organizadora e dalgún dos asistentes, así como da alcaldesa Elba Veleiro e dos fillos do homenaxeado.
O acto foi amenizado polo grupo de música tradicional Buxos Verdes e os asistentes puideron levar un número conmemorativo da revista A Pravia, nacida no colexio naquela etapa de comezos dos oitenta.
Os trescentos euros excedentes dos cartos recaudados por participación popular serán doados á biblioteca do colexio para mercar libros en galego.
0 comentários :
Danos a túa opinión