O 'Quixote' de Pedras de Cartón a Almagro

Redacción. -

O espectáculo Quixote, da compañía Pedras de Cartón, foi escollido para participar na 44 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, un dos festivais de teatro clásico máis importantes do Estado.

Esta peza de teatro familiar, que aborda o texto de Cervantes en clave de comedia, formará parte do  certame Barroco Infantil online e poderá verse o vindeiro 4 de xullo.

É a segunda vez que esta compañía galega é seleccionada para a programación do Festival de Almagro: o ano pasado participou coa súa obra Lázaro de Tormes, e obtivo a Mención especial do xurado. 

Pedras de Cartón nace coa intención de crear espectáculos que poidan chegar ao maior número de públicos posible.

Con Lázaro de Tormes abordaron o clásico picaresco pero contado e representado, por primeira vez, sen palabras. Agora utilizan o clown ao puro estilo Fellini para achegar o Quixote ao público familiar. 


29 de xuño de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión