Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a exposición Debuxo e pintura de ISABEL PARDO. O acto de inauguración terá lugar o venres 23 de xullo, ás 19:30 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA. Intervirán: ANTÓN DE GUIZÁN, MARISA BERREIRO e ISABEL PARDO A exposición poderá visitarse dende o día 23 de xullo ata o 20 de agosto de 2021.
ISABEL PARDO Actualmente estuda Historia da Arte en Santiago, onde pasa a maior parte do tempo. Realizou dúas exposicións entre o 2017 e o 2019, participando, tamén nestes anos, en diversos actos sociais, pintando en directo. Algúns destes actos son o premio Agustín Fernández Paz, en Vilalba, e o premio Trapeiro de Honra a Raúl Río, nos Vilares, da man da NPG. Ilustrou o número 0 da revista NPGgazeta, e paralelamente o libro de poesía de Emilia Martínez Fuentes "Lendas e versos". Tamén esta a traballar dando clases de debuxo a rapaces e rapazas, así como realizando murais privados. Houbo un parón neste último tempo a nivel social, no que se alonxou un pouco, pero que foi necesario para poder evolucionar tanto estilística como temáticamente.
0 comentários :
Danos a túa opinión