Este é un festival que se denomina a si mesmo “Feira e festa da música e da arte” e que desde 1980 organiza a asociación cultural Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega.
En torno a un festival de música, por cuxo escenario pasan grupos e intérpretes galegos, españois e de distintos lugares do mundo (Francia, Escocia, Cuba, Portugal…) teñen lugar outros eventos, como mostras de artesanía, exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica, debuxo infantil, espazos de poesía, de narrativa, feira de libros, ou un dos pratos principais, a Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.
A suma de todos estes ingredientes fai do festival de Pardiñas un evento no que se respira creatividade e frescura polos catro costados que goza do recoñecemento de artistas, creadores e público.
0 comentários :
Danos a túa opinión