Redacción. -
Este sabado, ás sete da tarde, van entregarse os premios do XLII Certame Terra Cha das artes da infancia e mocidade, correspondente ao Festival de Pardiñas, no que participaron máis de miltraballos das catro provincias, en video, cómic, regueifas, literatura, debuxo, etc.
Xermolos quere honrar a Xela Arias e a súa familia, partícipe en moitas das súas actividades mesmo dende a filosofía deste certame, no que se visualiza o compromiso das crianzas e as súas familias no cultivo das artes. Intervirán no acto , Ampro, a nai de Xela, o seu fillo Darío, e os seus irmáns...
Tamén o 8 de setembro, cabodano de Manuel María, Xermolos e a Irmandade Manuel María vai entregar á Xela e a súa familia a “Nvalla do Manuel” en Outeiro de Rei-Estesabado vai haber outras actividades coma obradoiro de grafiti, intervención do humorista Paco Nogueiras, etc.concertos de Sabino Currás, creador de Guitiriz e High Paw, Sonia Vila do grupo de teatro de Sada vai recitar poemas de Xela Arias.
0 comentários :
Danos a túa opinión