Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, IRIA MISA, polo seu libro A CIDADE DO ÁTOMO, que terá lugar o sábado, día 23 de outubro de 2021, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto, presentado por contará coa intervención de presidenta do Iescha, CARMEN HERMIDA , MARISA BARREIRO ELBA VELEIRO , , alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO , director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO , membro do Xurado, e IRIA MISA , gañadora do premio. Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe… Para elo, contamos coa participación de: v BMV ENSEMBLE , interpretando o tema: o “Non hai noite tan longa para a Dama da Luz” v ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO , escenificando a montaxe: o Valados v ALBA (Voz) e SOPHIA (Piano) do IES BASANTA SILVA: o Tres poemas de amor para Agustín cantando e recitando: Colaborará no acto a Asociación de Xordos. O aforo está limitado ao 90%. A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación directamente na Casa da Cultura, ou ben a través da páxina web do Concello. Tamén se poderán conseguir o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio sempre e cando quedasen asentos libres.
0 comentários :
Danos a túa opinión