Redacción. -
Airiños da Freba estará este sábado, día 13 de novembro, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María presentando en semiacústico o seu traballo Con Grelos.
O sexteto interpreta música divertida e bailábel inspirada nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado que amenizaban as festas das aldeas e vilas galegas. Con Grelos, como o anterior traballo O de Lacón, é froito do estudo, recolleita, pesquisa e divulgación da música tradicional da provincia de Lugo.
Para asistir ao concerto cómpre reservar previamente en: contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.
0 comentários :
Danos a túa opinión