María da Pontragha na Casa do Manuel

Redacción.-

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 27 de novembro, unha contada, Contar co vento, para público infantil (maiores de tres anos) e familiar coa narradora oral María da Pontragha.

María, acompañada do acordeón de Miguelón Paz, contará diversas historias da tradición oral de medo, de risa e bonitas a rachar.

Para asistir, cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.

24 de nov. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión