Redacción. -
O 15 de xaneiro será o último día para visitar a exposición El mejor trabajo del mundo, proxecto site-specific de Cristina Garrido na Fundación DIDAC.
Con El mejor trabajo del mundo, Cristina Garrido converte o espazo expositivo nunha sorte de escenario que desenvolve as historias e reflexións de oito personaxes. Estas historias proveñen dunha serie de conversas mantidas ao longo do último ano con creadores e creadoras que formaron parte do circuíto artístico contemporáneo ata que, por diversos motivos, decidiron ou se viron obrigados a abandonar a súa actividade. A mostra evidencia unha cuestión habitualmente invisibilizada tanto pola crítica como polos medios de comunicación e a historiografía oficial: as relacións entre éxito e creación e as complexas armazóns que engloban o mundo profesional do sector.
A exposición, comisariada por Performa S.coop. Galega, poderá visitarse ata o 15 de xaneiro de 11 a 14 e 16 a 19 horas. Sábado 15 baixo cita previa.
0 comentários :
Danos a túa opinión